Nado en O Grove a finais dos setenta, como unha uva mencía que madura no atlántico, pasa a súa vida a cabalo entre a península meca e a súa terra, Chantada. Doutor pola Universidade de Vigo, despois de pasar polo mundo do ensino nas diferentes etapas: infantil, primaria, secundaria e adultos, atopou na xestión deportiva o seu estímulo profesional. Amante dos momentos, deses praceres vitais que se agochan nas cousas cotiás como unha conversa, un solpor…
Recibe novedades de XOSE FERNANDEZ OTERO directamente en tu email
Malin é unha obra de sinxela lectura, que nos permite mergullarnos na pel do protagonista, na súa viaxe cara o interior de si mesmo, a través de vivencias, recordos, sensacións e conversas, que lle obrigarán a tomar decisións nas que conflúen e se confunden pasado, presente e futuro. Unha historia que mestura humor, crueza e valentía a partes iguais, como ingredientes necesarios para transformar unha paréntese, nun punto de inflexión.Todos levamos un Pablo Nogueira dentro... Sobes?