Antropoloxía de Galicia ofrece unha visión de conxunto da cultura rural galega na que non falta ningún dos principais aspectos: poboación, tipos de asentamento, a producción de alimentos, o traxe, o transporte, o traballo, a propiedade, a organizacion social, a medicina, a morte, a relixion e as festas. Recolle tanto os elementos innovadores como os antigos. E, o mais importante, non se contenta cunha simple descricion, senon que trata de explicar os comportamentos, mesmo aqueles que, na cultura urbana, semellan carentes de loxica e racionalidade. Ademais, superando esa vision da cultura rural como un caixon de xastre de elementos inconexos, mostra como se relacionan os uns cos outros. Na Antropoloxia de Galicia atopamos uns labregos e mariñeiros bastante diferentes dos topicos. Son capaces de innovar, de adaptarse. Son absolutamente practicos e racionais en costumes como, por exemplo, a mellora, a endogamia parroquial e a residencia natolocal. E empregan unha linguaxe simbolica que asombra pola sua riqueza e complexidade. En definitiva, son creadores e portadores dunha gran cultura. Unha gran cultura que forma parte do noso pasado e, en boa medida, do noso presente. Escrita por Xose Ramon Mariño Ferro, antropologo de recoñecido prestixio, esta e, sen dubida, unha gran obra de referencia para a antropoloxia galega.
Ver más