Esta é a historia dunha polémica. Dunha polémica na que o suxeito fundamental son as mulleres do noso país. Circunscrita no tempo que antecede ao período franquista, ocúpase das discusións sobre o voto, o aborto, o divorcio, a educacion, o deporte, o asociacionismo, a actividade politica, asi como das controversias que xera a aparicion da muller na publicidade ou nos primeiros concursos de beleza. Aspectos, todos eles, que forxan o que constitue o cerne desta publicacion: o papel que as diferentes ideoloxias outorgan as mulleres na sociedade, e a evolucion que este modelo ira sufrindo ao longo do tempo.