Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en "Faro de Vigo" na súa sección "Floreano" organizadas en tres apartados: "De mulleres, chiñas, rubias e varios", "De curas, monseñores e eminensias" e "De tasas, viños e loureiros". Constitue a primeira gran antoloxia dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramon o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, "Floreano, My Way", limiar de Alberto Avendaño, director de "Tiempo Latino"."Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas paxinas do "Faro de Vigo" e eu nas ruas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresion e Floreano e a expresion da liberdade. Floreano e parodico e saudoso, eu vivin a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, ainda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limitase a doar os seus organos vitais -cerebro, lingua e outras partes brandas- para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atreveria a tanto. Floreano e un heroe accidental, un martir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automatico. Niso tamen somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade ainda que a el o que mais lle gusta e tocar. (...)Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espetache: My Way! Se mo preguntas a min, eu digoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a duo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nos os dous -que non falamos galego normativo- erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonia: Man-da-ca-ra-lloooooo!Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano."Do limiar de Alberto AvendañoEste libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en "Faro de Vigo" na súa sección "Floreano" organizadas en tres apartados: "De mulleres, chiñas, rubias e varios", "De curas, monseñores e eminensias" e "De tasas, viños e loureiros". Constitue a primeira gran antoloxia dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramon o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, "Floreano, My Way", limiar de Alberto Avendaño, director de "Tiempo Latino"."Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas paxinas do "Faro de Vigo" e eu nas ruas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresion e Floreano e a expresion da liberdade. Floreano e parodico e saudoso, eu vivin a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, ainda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limitase a doar os seus organos vitais -cerebro, lingua e outras partes brandas- para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atreveria a tanto. Floreano e un heroe accidental, un martir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automatico. Niso tamen somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade ainda que a el o que mais lle gusta e tocar. (...)Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espetache: My Way! Se mo preguntas a min, eu digoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a duo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nos os dous -que non falamos galego normativo- erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonia: Man-da-ca-ra-lloooooo!Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano."Do limiar de Alberto Avendaño
Ver más