Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha epoca. Desde os primeiros anos da sua infancia viguesa, escritos cunha prosa brillante, ata a actualidade, a escritora Maria Xose Queizan vai debullando a sua vida en primeira persoa. Nela afloran os ecos dos distintos tempos que viviu e protagonizou. Esta e unha obra que, sen dubida, redimensiona a sua autora na Galicia deste ultimo medio seculo. Maria Xose Queizan escribe impulsada, como aclara no limiar, pola sua propia conciencia: Por que escribo sobre min? Ha ser polo mesmo motivo que actuo, que falo, que me dedico ao oficio de escribir, por unha conciencia de ser un elo na calceta universal e estar obrigada, si obrigada, a actuar para non interromper o labor.Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha epoca. Desde os primeiros anos da sua infancia viguesa, escritos cunha prosa brillante, ata a actualidade, a escritora Maria Xose Queizan vai debullando a sua vida en primeira persoa. Nela afloran os ecos dos distintos tempos que viviu e protagonizou. Esta e unha obra que, sen dubida, redimensiona a sua autora na Galicia deste ultimo medio seculo. Maria Xose Queizan escribe impulsada, como aclara no limiar, pola sua propia conciencia: Por que escribo sobre min? Ha ser polo mesmo motivo que actuo, que falo, que me dedico ao oficio de escribir, por unha conciencia de ser un elo na calceta universal e estar obrigada, si obrigada, a actuar para non interromper o labor.
Ver más