No Ourense da recentemente instaurada Segunda República española, a figura de Carlos Taboada Tundidor supuxo un pulo para a reorganización política das forzas conservadoras católicas fronte ao poderío inicial dos partidos republicanos e calvosotelistas. O seu papel de lider da CEDA de Jose Maria Gil Robles na provincia galega provocou disensions noutros partidos dereitistas, mais permitiu coñecer o mecanismo de funcionamento e control das elites locais dun xeito mais proximo.