leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📱 eBook ÁBRESME A PORTA DO OCÉANO?

EUROPA EDIZIONI - 9791220149228

Novela de ciencia ficción

Sinopsis de ÁBRESME A PORTA DO OCÉANO?

Anxo Muíños coñece ben os segredos do mundo líquido. Ábresme a porta do Océano? é un poemario feito de agua salgada e travesía, no que o mar se converte en universo, nun cosmo infinito para que naveguen nel ensinanzas, recordos e vivencias. Nos seus versos perséguense a terra e o mar, que dialogan entre eles cun senso integral do amor.
Anxo Muíños baixa ás profundidades marítimas para recuperar pérolas de beleza pechadas entre as valvas dun haiku. As tradicións de Galiza, país do autor, xúntanse coas formas poéticas do distante Xapón, porque, á fin e ao cabo, estas dúas terras están unidas polas ondas dun enorme ceo panoceánico. Esa irmandade mariñeira tecida coas estacións da vida recoñécese con forza nestes versos.

Xosé Anxo Gómez Figueira, máis coñecido como Anxo Muíños, é escritor e activista pola natureza. Gañador do Premio de Poesía do Instituto Politecnico de Santiago, no 2014 fixo o vídeo Arpa e literatura de Galicia con Iván Garmen. É autor dos libros de poesía Ulin (Septentrión Ediciones, Boo de Piélagos, 2015) e DÓ (Medulia Editorial, 2022), a súa primeira publicación de haikus. No 2023 participou no Slam Poetry de Boveda (Lugo) co poema A oración da Dorna.
No eido da narrativa, firmou as obras O alén dos barqueiros (Editorial Fanes, 2018), a saga Más allá de Ulises (Editorial Fanes, 2021) e Xinque! (Editorial Toxosoutos, 2021), esta última en colaboración coa súa filla Eila.
Anxo Muíños segue sentindo fondas inquedanzas pola perda lingüística do galego, a destrución da natureza, a falla de credibilidade dos científicos, a tolemia de fabricar armas e a robotización da humanidade.

App gratuita de lectura Vivlio Casa del Libro

Ahora tu lectura es multidispositivo, con la App Vivlio Casa del Libro, puedes tener todos tus libros en tu tablet y smartphone. Aprovecha cualquier momento para seguir disfrutando de las lecturas que más te gustan.

Ver más

Ficha técnica


Editorial: Europa Edizioni

ISBN: 9791220149228

Idioma: Castellano

Fecha de lanzamiento: 30/01/2024

Especificaciones del producto



Opiniones sobre ÁBRESME A PORTA DO OCÉANO? (EBOOK)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Léelo en cualquier dispositivo


Los eBooks más vendidos de la semana