A pesca con cana non é só unha actividade deportiva, que se debe aprender a practicar e a gozar, é case un modo de vida: combates o estrés diario, gañas tranquilidade e saúde co contacto coa natureza -neste caso, o mar e o seu contorno-, logras unha gran satisfacción coas capturas realizadas e, finalmente co seu tratamento gastronómico. Estes son, sen dúbida, algúns dos seus moitos alicientes.
Esta guía representa, por unha banda, a plasmación dos coñecementos adquiridos polo autor ao longo da súa dilatada experiencia e, por outra, o seu desexo de transmitirllos aos apenas iniciados nesta práctica e a quen aínda non se deixaron atraer por ela.A guía, na que José María buscou deliberadamente utilizar unha linguaxe absolutamente didáctica e directa para que cumpra o seu principal obxectivo, a divulgación, consta de catro apartados: 1) cebos e engados, 2) artes e técnicas, 3) o mar, os ventos e as mareas, e 4) a pesca das especies máis comúns das nosas costas.
A arte do bo pescar, en definitiva, é unha obra que pon en valor esta actividade que forma parte tamén da cultura das nosas vilas e cidades mariñeiras.
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788499950426
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/06/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Baía Verde
Baía Verde
Serie/Saga: Guías prácticas
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A ARTE DO BO PESCAR
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!