Neste libro sostense que a verdadeira política, a política digna de tal nome, e de natureza constitutiva, a súa cerna e a construcción, a partir do que ven dado, de novos intereses, valores, preferencias e identidades. Estas son precisamente algunhas das cuestións que se abordan nos capítulos de A arte do imposible. Así, analízase o clientelismo como unha grave patoloxía da democracia por mor da súa natureza despolitizadora; defendese un modelo de democracia republicana que adopta como contido a producción política das preferencias da cidadanía, mais aló da súa mera agregación quer representativa quer participativa. Reivindícase a paixón como "descoñecida raíz común" da política. Fronte ó hiperracionalismo da visión política da modernidade, do seu esgazado modelo de mente política fría, Ramón Máiz reivindica a capital pertinencia politizadora dos afectos e o sentimento. Finalmente, sostense que no actual contexto de crise económica, da man do clamoroso fracaso das políticas neoliberais, alenta outra mais fonda, estructural crise socioecolóxica, debedora dun modelo de sobrecrecemento inxusto e inviable. De aí que cumpra reforzar mais que nunca o valor político da igualdade, aínda que repensada desde o novo horizonte da sustentabilidade.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498653960
Idioma: Gallego
Número de páginas: 316
Tiempo de lectura:
7h 30m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 04/11/2011
Año de edición: 2011
Plaza de edición: Es
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 69
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A ARTE DO IMPOSIBLE
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!