A BATALLA DE MONTEVIDEO

OS AGRAVIOS LINGUÍSTICOS DENUNCIADOS NA UNESCO EN 1954

Edicións Xerais - 9788497820363

Estudios lingüísticos Historia. Escuelas y métodos

Sinopsis de A BATALLA DE MONTEVIDEO

Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramón Piñeiro como ideólogo e estratega) e os do exilio exterior (co compromiso e entusiasmo, en Buenos Aires, de Rodolfo Prada), a raíz da presentación dunha Denuncia en tres idiomas (galego, francés, inglés), na que poñían en coñecemento das delegacións de case cen países qué actividades culturais en lingua galega eran prohibidas daquela, recibida con desconcerto abraiado por Manuel Fraga Iribarne, daquela secretario da delgación española. O presente volume ofrece en facsímile a Denuncia trilingüe (unha alfaia da bibliografía galega) e outros textos, ademais de reproducir páxinas sobre a cuestión hoxe moi pouco coñecidas; un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividade política e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo de miseria -hai cincuenta anos- que urxía examinar e valorar.Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramón Piñeiro como ideólogo e estratega) e os do exilio exterior (co compromiso e entusiasmo, en Buenos Aires, de Rodolfo Prada), a raíz da presentación dunha Denuncia en tres idiomas (galego, francés, inglés), na que poñían en coñecemento das delegacións de case cen países qué actividades culturais en lingua galega eran prohibidas daquela, recibida con desconcerto abraiado por Manuel Fraga Iribarne, daquela secretario da delgación española. O presente volume ofrece en facsímile a Denuncia trilingüe (unha alfaia da bibliografía galega) e outros textos, ademais de reproducir páxinas sobre a cuestión hoxe moi pouco coñecidas; un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividade política e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo de miseria -hai cincuenta anos- que urxía examinar e valorar.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497820363

Idioma: Castellano

Número de páginas: 232
Tiempo de lectura:
5h 29m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/09/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 415.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Alonso Montero


Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Oteriana (Galaxia, 2000), Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), A batalla de Montevideo (2003), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2001), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022).
Descubre más sobre Xesús Alonso Montero
Recibe novedades de Xesús Alonso Montero directamente en tu email

Opiniones sobre A BATALLA DE MONTEVIDEO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana