Un novo achegamento, dende a música e a voz, a unha das obras importantes de Manuel María.A Berenguela é unha das obras de teatro infantil máis coñecidas de Manuel María, o autor a quen neste 2016 se lle dedica o Día das Letras Galegas. Dende a Editorial Galaxia pensamos en facer un achegamento algo diferente aos máis habituais, así que publicamos este libro pero acompañado nun CD no que o gran compositor galego Nani García nos demostra a grandeza do seu talento acompañado da voz, xa habitual noutras producións da nosa editorial e no mundo teatral galego, de María Inés Cuadrado.Para poñerlle a guinda ao pastel necesitábase un ilustrador de altura, e ese non podía ser outro que Miguelanxo Prado.Un mollo de artistas de talento (máis o limiar doutro grande da literatura galega como Francisco Fernández Naval) para unha obra talentosa.Horas de lecer. Lendo. Ou escoitando
Ficha técnica
Ilustrador: Miguelanxo Prado
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498656770
Idioma: Gallego
Número de páginas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 23/03/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Es
Colección:
Varios
Varios
Número: 111
Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A BERENGUELA (INCLUE CD)
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!