Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse.E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498656886
Idioma: Gallego
Número de páginas: 168
Tiempo de lectura:
3h 56m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/04/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Es
Colección:
Costa Oeste
Costa Oeste
Número: 88
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Celia Díaz Núñez
Celia Díaz Núñez (O Páramo, 1961), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica, desenvolveu a súa actividade docente como profesora de ensino secundario e universitario en Ourense. Deuse a coñecer como narradora en 2003, cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando ou o misterio do cuarto secreto (Galaxia, 2021). É autora de obras de teatro infantil, como Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004), Velaí vai o papaventos (2014); O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio o Facho de teatro infantil 2016) e Unha estrela para Amina (Premio o Facho de teatro infantil, 2019; Galaxia, 2020); e do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra. Quiroga e os seus escritores (1995) e de libros de texto para a aprendizaxe da lingua galega. En Editorial Galaxia tamén publicou a novela Unha verdade amarga (2017), os libros de relatos Corte e confección (2019) e As faces do diamante (2023), así como a novela para público xuvenil A boca do monte (2016).