A CASA DE ADARA

XERAIS - 9788475079851

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A CASA DE ADARA

Os sete contos que forman parte de A casa de Adara están unidos, como xa fixera hai vinte anos na súa primeira entrega narrativa �Mementos de vida� polo fío sutil da rememoración de diversos episodios vitais, da evocación da infancia, da memoria, da vida. Para Conde necesitamos que nos transmitan oralmente historias individualizadas, que nos conformen a nosa memoria colectiva e imprescindible, a identidade propia. Sete contos, que son outras tantas historias de vida, dun río que flúe e que nos leva: a dun señorito de posguerra que viaxa a consolar ó seu sobriño neto; a dun mariño á procura dun dentista nun porto lonxano; a dun bancario bulímico; a dun �psiquiatra� falsificador; a dun marido aburrido que padece de proído testicular; a dun cubano na busca das súas raíces na csa petrucial galega. Conde confesa que nestes contos �hai desprazamentos varios e imaxinacións diversas, porque vivir é iso: soñarse a si mesmo, sabendo que a realidade existe porque nós existimos�. Literatura, pois, para redimirnos da vida.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475079851

Número de páginas: 143

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/05/2001

Año de edición: 1996

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Alfredo Conde


Alfredo Conde (Allariz, 1945). Mariño mercante. Dedicado ao xornalismo literario, colabora actualmente con El Correo Gallego. A súa obra narrativa está traducida a diversas linguas. En 1968 apareceu o seu primeiro libro, o poemario Mencer de lúas. Como narrador publicou, entre outras obras, Mementos de vivos (1974), relatos; O contubernio (1978), novela; O barco é do amo (1978), novela; Breixo (Xerais 1981), novela, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia; Memoria de Noa (Xerais 1982), Premio Chitón de novela e Premio Ícaro; Xa vai o Griffón no vento (1984; Xerais 1998), Premio Blanco Amor de novela, Premio da Crítica Española, Premio Nacional de Literatura, Premio Grinzane Cavour á mellor novela estranxeira publicada en Italia en 1990; Una conversación en la Habana (1989), longa entrevista con Fidel Castro; Música sacra (1989), contos; Los otros días (1991), Premio Nadal de novela; Sempre me matan (1995), novela; A Casa de Adara (Xerais 1996), relatos; O fácil que é matar (Xerais 1997), novela; Azul cobalto (2001), novela; Memorias dun soldado (2002), novela; Ósos de santo (2010), novela; Chovida do ceo (Xerais 2014) novela e O beato (Xerais 2016), Premio Ateneo de Valladolid 2015.
Descubre más sobre Alfredo Conde
Recibe novedades de Alfredo Conde directamente en tu email

Opiniones sobre A CASA DE ADARA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana