Alicia Suárez (Pontevedra, 1974). Estudou Belas Artes en Pontevedra, é profesora de ensino secundario dende 1997 e traballa dende o ano 1998 no mundo da ilustración infantil. O seu primeiro conto ilustrado foi " O rei ra " . Posteriormente participou nas coleccións Contos do mundo para a ONG Solidaridade Internacional e Makakiños día a día, contos para nenos con necesidades educativas específicas: " Nicolás cociña sen lume " , " Nicolás vai de compras " e " A ratiña presumida " . Tamén colaborou coas revistas CLIJ no ano 2001 e HOLA cocina no ano 2012. En 2005 foi seleccionada na bienal de Bratislava. En Xerais publicou os álbums con texto de Sabela Fernández Trelles, " Augusta e os seus medos " (2015) e " O ladrón de soños " (2018).