Sinopsis de A DOUTRINA DO ADN: A BIOLOXIA COMO IDEOLOXIA
Neste libro“examinaremos con algún detalle as manifestacións peculiares da ideoloxía científica moderna, así como os camiños errados por onde nos conduciu. Consideraremos como o determinismo biolóxico foi usado para explicar e xustificar as desigualdades dentro e entre as sociedades e para afirmar a inmutabilidade de tais desigualdades.
Veremos como foi desenvolvida unha teoría da natureza humana usando a teoría da selección natural de Darwin para afirmar que a organización social é tamén inalterábel porque é natural. E veremos como relacións económicas puras e simples, mascaradas de feitos naturais, poden guiar toda a dirección da investigación biolóxica e tecnolóxica”.
Tradución do inglés e notas: Fernando Vázquez Corredoira e Salvador Mourelo Peres.