📗 Libro en gallego A EDICION DA POESIA TROBADORESCA EN GALIZA

MANUEL FERREIRO

Baía Edicións A Coruña. S.L. - 9788496893658

Poesía Antologías

Sinopsis de A EDICION DA POESIA TROBADORESCA EN GALIZA

Por iniciativa dos editores desta publicación, integrantes do Grupo Universitario de Investigación de Lingüística Histórica e de Ecdótica (GUILHADE) da Universidade da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, celebrouse, na Illa de San Simón, durante os días 22 e 23 de xuño de 2006, o I Coloquio sobre Crítica Textual. "A Edición da Poesía Trobadoresca en Galiza". Nas súas sesións de traballo, debate e intercambio científico, prolongadas en repetidos encontros posteriores, xeráronse de inicio os diferentes traballos dos participantes que agora felizmente veñen a lume nesta monografía, así como tamén se elaborou a proposta dunhas Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa medieval, aquí reproducidas en apéndice nas súas versións galega e inglesa. É de xustiza agradecer o espíritu de traballo e de concordia con que esta proposta foi construída polos investigadores do sistema universitario galego intervinientes, así como a receptividade da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para apoiar tanto aquela iniciativa como esta publicación. As achegas dos diferentes investigadores galegos agora publicadas son unha mostra evidente de que, naquelas terras en que hai uns oito séculos se desenvolveu unha das máis relevantes escritas trobadorescas europeas, se continúa o labor de investigación e recuperación deste patrimonio literario-cultural de carácter universal. En verdade, coidamos que un dos valores do conxunto dos capítulos agora publicitados é o da súa diversidade de intereses: desde reflexións sobre a aplicación das novas tecnoloxías á edición e os estudos de carácter editorial-interpretativo de diversos textos, até estudos por volta de cuestións lingüísticas ou métricas. Todos e cada un deles abordando aspectos de relevo no ámbito da poesía trobadoresca medieval, tanto na súa vertente

Ficha técnica


Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.

ISBN: 9788496893658

Idioma: Gallego

Número de páginas: 212

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/08/2008

Año de edición: 2008

Colección:
Baía Ensaio

Especificaciones del producto



Opiniones sobre A EDICION DA POESIA TROBADORESCA EN GALIZA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana