A era de Acuario, así comeza o primeiro verso da canción que abre a ópera rock Hair ¿Casualidade? Nada é casual nesta novela, nin sequera a distancia co que o autor enfoca e escolle os acontecementos. Todo está meditado, nada queda para a improvisación. Xosé R. Pena pon nas mans do lector unha novela iniciática onde o protagonista, Paco, un adolescente fillo de solteira, de personalidade mol, comesto polo devalar da cotidianidade pasea os seus recordos entre a nostalxia e a saudade dunha vila costeira aló polos anos 1968-71, presentándonos todo un abano de personaxes como o tío Henrique carca e trasnoitado que encarnará a figura paterna en constante enfrontamento co protagonista, ou Federico, o seu mellor e máis íntimo camarada, fillo de militar, irmán de militares agobiado pola presión de palabras como honor, patria que o conducirán pola calexa da traxedia.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483021750
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/05/2001
Año de edición: 1997
Plaza de edición: Vigo
Peso: 222.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Ramón Pena Sánchez
Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como "Literatura galega medieval" (1992), "Manuel Antonio e a vangarda" (1996), "Xograres do mar de Vigo" (Xerais, 1998) ou "Historia da literatura medieval galego-portuguesa" (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción, "O reverso do espello" (Xerais, 1984), "Para despois do adeus" (Premio Xerais, 1987), "Paixóns privadas" (Xerais, 1991), "A era de Acuario" (Xerais, 1997), "Fado de princesa" (2005), "A batalla do paraíso triste" (Xerais, 2008), "Como en Alxeria" (Xerais, 2012) e "Todas as vidas" (Xerais, 2020). Director do suplemento Faro da Cultura e columnista do xornal «Faro de Vigo», son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: "Na noite estrelecida" (Xerais, 1988), "Da terra asoballada" (Xerais, 1989), "No desterró" (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, "Ramón Cabanillas. Poesía galega completa" (Xerais, 2009).