Un asunto familiar do inspector de Policía é a orixe desta peculiar escola. O trasno Briador convoca os seus compañeiros e compañeiras co fin de impartirlles un curso intensivo, que lles permita coñecer o seu pasado para espertar neles a ilusión por recuperar a sona de tunantes e enredantes agora perdida. Falaralles da súa historia e da gloria acadada por moitos dos seus máis ilustres mestres. Non é só unha historia de trasnos, tamén é a historia dos seus dende sempre inimigos: os humanos.
Ficha técnica
Ilustrador: López Noemí
Editorial: Everest
ISBN: 9788440305350
Idioma: Gallego
Número de páginas: 120
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 13/09/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Es
Alto: 19.5 cm
Ancho: 12.5 cm
Grueso: 12.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por ANTONIO REIGOSA CARREIRAS
Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes "Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega" (Xerais 2001), "Pequena mitoloxía de Galicia" (Xerais 2001), "Cando os animais falaban" (Xerais 2002), "Arrepíos e outros medos" (Xerais 2004) e "Antoloxía do conto galego de tradición oral" (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums "Guía ilustrada da Galicia invisible" (Xerais 2010) e "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal" (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: "Memorias dun raposo" (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; "Resalgario" (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "O galo avisado e o raposo trampulleiro" (Xerais 2003); "Bacoriño" (Xerais 2004); "O aprendiz de home do saco" (Xerais 2013) e "O raposo aviador que voa sen motor" (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", e xunto con Antonio García Teijeiro publicou "Lendo lendas, digo versos" (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.