O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos e as crises globais e, en concreto, o cambio climático e a transición ecolóxica que cambian os nosos océanos, os nosos montes; a nosa forma de consumir; o envellecemento da poboación que afecta a vida activa e o xeito de nos relacionar e de organizar as familias; o abandono do rural e a ordenación dos espazos que fan necesario mudar a estrutura tradicional de municipios e provincias por outras máis axeitadas; a posmodernidade e a forma de ordenar o traballo e o lecer. Tamén está aí o xurdimento de novas desigualdades e a exclusión social; a loita pola igualdade de xénero; a globalización e o xeito de influenciar na economía, na política e na cultura; a gobernanza da sociedade a nivel micro nos pequenos ambientes e a nivel macro como o caso da Unión Europea, en que Galicia debe estar atenta a participar nas problemáticas que nos atinxen. Ao longo dos diferentes capítulos o lector pode descubrir como están condicionando estas cuestións o territorio de Galicia, a súa natureza e os montes, a pesca, os mares, o turismo, o lecer e o xeito de nos divertir, o mercado laboral, a educación, a poboación e a despoboación, a riqueza e a pobreza, a saúde mental, as migracións, a reconfiguración urbana, os incendios e mesmo a nosa lingua da man de 34 autores e autoras de recoñecido prestixio que fan unha análise precisa e con proxección de futuro.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411105385
Idioma: Gallego
Número de páginas: 336
Tiempo de lectura:
7h 59m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 21/11/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Es
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - MANUAIS
OBRAS DE REFERENCIA - MANUAIS
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 1.9 cm
Peso: 503.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por ANTON ALVAREZ SOUSA
Antón Álvarez Sousa é licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, en Filosofía e Ciencias da Educación e en Comunicación Audiovisual, ademais de doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense. Acadou, entre outros, o Premio Nacional de Licenciatura e o Primeiro Premio de Investigación nas Ciencias Xurídico-Sociais da Universidade Complutense. Exerceu como catedrático de Socioloxía na UDC, como decano da facultade de Socioloxía durante quince anos, como presidente da Asociación Galega de Socioloxía e mais da Sección de Ciencias Económicas e Sociais da Real Academia Galega de Ciencias. Impartiu cursos, ditou conferencias e fixo investigacións en diversas universidades de Europa, Asia e América. Como autor, ademais de múltiples libros e artigos, en Xerais publicou «Os incendios forestais» (1992) e «Homo Peregrinus» (1999).