Esta e unha colección de narracións fortemente tinguidas de elementos autobiográficos. Por elas circulan, con nome suposto ou real, algunhas persoas da vida ourensá contemporáneas do seu autor, ao que non e difícil adiviñar detrás do protagonista dalgúns dos relatos deste libro.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788471546630
Número de páginas: 120
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/05/1989
Año de edición: 1989
Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 76
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Antón Tovar
Antón Tovar (Pereira, Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004) é autor dunha obra poética que aborda a existencia desde unha ollada sincera sobre a condición humana, desde o intimismo, desde a procura erma de deus e desde un intenso amor pola natureza e a paisaxe. Logo de pasar a súa infancia entre Celanova e Ourense, iniciou estudos de Filosofía e Letras en Salamanca en 1940, pero abandonounos para ingresar nos xesuítas. En 1942 gañou a oposición a Contador do Estado e estivo destinado en León e Ourense, ata que en 1967 foi expulsado do corpo de Facenda pola súa militancia clandestina no Partido Comunista. Iniciou a súa actividade literaria en castelán en 1955 con "Barro de nadie" e en 1962 publica en galego "Arredores", ao que seguiron os libros de poemas "Non" (1967), "Poesía galega completa" (1974), "Calados esconxuros" (Xerais, 1980), "Berros en voz baixa" (1990), "A nada destemida" (1991) e "Cadáver adiado" (2001). Toda a súa "Poesía en galego" foi editada en dous volumes polo Pen Clube en 2005. Nese mesmo ano, o Museo da Limia, xunto co Concello de Rairiz de Veiga e outras entidades, impulsaron o Premio de Poesía Antón Tovar. En 2023 Xerais publica "Antoloxía poética", un volume que reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos.