Historia estremecedora e impactante a de Erika, unha
muller marcada polo seu pasado. A súa memoriaimborrable é a dunha supervivente do maior
xenocidio cometido no século XX, coa queKALANDRAKA agarda concienciar aos novos lectores
de que nunca máis se repita tal traxedia, máis de 60anos despois da liberación do campo de exterminio
de Auschwitz.Destaca da portada un troquelado con forma de
estrela de seis puntas, símbolo xudeu que osprisioneiros levaban prendido na roupa. De feito, a
estrela de David é un emblema que acompaña oslectores dende o principio ao final do libro.“No seu
camiño cara á morte, a miña nai lanzume á vida”,
escribiría Ruth Vander Zee evocando as palabras deErika, á que coñeceu casualmente en Rothenburgo.