leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego A HISTORIA DE ESPAÑA BASEOUSE EN FALACIAS

Nin Reconquista, nin Imperio, nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX

Edicións Xerais - 9788411102322

Historia de España Estudios generales

Sinopsis de A HISTORIA DE ESPAÑA BASEOUSE EN FALACIAS

Un libro que cuestiona toda a construción historiográfica de España dunha maneira.

Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX. A súa síntese será transmitida, como adoutrinamento, a todos os cativos e cativas da totalidade do territorio: España é unha única nación cunha Historia común que, arrancando desde Altamira, facendo unha Reconquista, sendo unificada polos Reis Católicos, gobernando un Imperio etc., chega ata hoxe como a nación máis antiga de Europa. Con esta deturpada información histórica ficou a case totalidade da poboación. Os hispanistas discordaron con ese devir da nosa Historia e algúns historiadores españois sabían perfectamente que as cousas sucederan de xeito diferente a como tiñan que contalas, iniciándose, xa neste século, as discrepancias abertas coa Historia oficial. Este libro cuestiona toda a construción historiográfica dunha maneira orixinal, xa que o seu fío condutor discorre a base de ganduxar as ideas propias por medio de textos alleos para que aquelas vaian ben arroupadas cientificamente. Galicia non podía ficar á marxe desta historiografía.Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX. A súa síntese será transmitida, como adoutrinamento, a todos os cativos e cativas da totalidade do territorio: España é unha única nación cunha Historia común que, arrancando desde Altamira, facendo unha Reconquista, sendo unificada polos Reis Católicos, gobernando un Imperio etc., chega ata hoxe como a nación máis antiga de Europa. Con esta deturpada información histórica ficou a case totalidade da poboación. Os hispanistas discordaron con ese devir da nosa Historia e algúns historiadores españois sabían perfectamente que as cousas sucederan de xeito diferente a como tiñan que contalas, iniciándose, xa neste século, as discrepancias abertas coa Historia oficial. Este libro cuestiona toda a construción historiográfica dunha maneira orixinal, xa que o seu fío condutor discorre a base de ganduxar as ideas propias por medio de textos alleos para que aquelas vaian ben arroupadas cientificamente. Galicia non podía ficar á marxe desta historiografía.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411102322

Idioma: Gallego

Número de páginas: 632
Tiempo de lectura:
15h 9m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/01/2023

Año de edición: 2023

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTORIA E XEOGRAFÍA

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 3.3 cm
Peso: 917.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Francisco Calo Lourido


Francisco Calo Lourido (Porto do Son, 1948) é doutor e catedrático de Xeografía e Historia, patrón do Museo do Pobo Galego, correspondente da Real Academia Galega e membro, entre outras institucións, da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia. Profesor invitado na Universidade do Porto e conferenciante na de Cambridge. Participante en múltiples escavacións arqueolóxicas, dirixiu as do castro de Baroña. Desenvolve a súa actividade investigadora sobre todo nos eidos da arqueoloxía e da antropoloxía con máis de dúascentas publi- cacións, como "A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa" (2 tomos), Premio Losada Diéguez 1995; "A cultura castrexa"; "Castro de Baroña"; "La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son"; "Xentes do mar. Traballos, tradicións e costumes"; "Fainas do mar. Vida e trabalho no litoral norte"; "As artes de pesca"; "Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia" (Xerais, 2011), Premio Losada Diéguez 2010; "Vida e traballo no mar dos galegos" ou "A historia de España baseouse en falacias. Nin Reconquista, nin Imperio nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX". No eido da narrativa destaca a súa obra "Salseiros".
Descubre más sobre Francisco Calo Lourido
Recibe novedades de Francisco Calo Lourido directamente en tu email

Opiniones sobre A HISTORIA DE ESPAÑA BASEOUSE EN FALACIAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana