«A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, unha invernía salvaxe onde non chegan as leis dos homes. Manuel Esteban comparte con nós un estremecedor relato de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén de augas territoriais. Unha bengala de auxilio que estala nas conciencias como sal nas feridas. Este é o relato desacougante de seis mariñeiros que rescatan un grupo de persoas subsaharianas entre as que se atopan tres nenas obrigadas a vivir, mais tamén é a procura desesperada dun home peixe obrigado a esquecer para converterse en humano.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411107167
Idioma: Gallego
Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/09/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 171.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Esteban
Manuel Esteban (Vigo, 1971) é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e profesor da rama sanitaria de formación profesional. Traballa no Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio. É pai de dous nenos, o maior dos cales ten síndrome de Down, e foi durante oito anos vicepresidente de Down Vigo. «A ira dos mansos», Premio Xerais 2016, foi a súa primeira novela, á que seguiron «O meu nome é Ninguén» (Xerais, 2018) e «A vinganza dos homes bos» (Xerais, 2020), todas elas protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso. «Setestrelo» (Xerais, 2023), publicada na colección Fóra de Xogo é unha novela destinada ao público xuvenil. Con «O xogo de Escher» (Xerais, 2024) gañou o IX Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Fotografía do autor: Miguel Núñez.