📗 Libro en gallego A LUA DOS EVERGLADES

Edicións Xerais- 9788497826495

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A LUA DOS EVERGLADES

Antón, Dosinda, e Luís, os Quintelo, tres velliños gallegos, que foran propietarios da panadaría A Primavera, aparecen asasinados na súa casa de Primeira Xunta 780, no barrio bonaerense Belgrano. O xove funcionario e escritor Andrés Leiro amiga con Manuel Eiras, un seu veciño xubilado que vive aparentemente só en Madrid dende hai varias décadas. A lúa escintilaba por riba dos Everglades, cando Aurora, que regresaba encabuxada e medosa de limpar unhas oficinas, é atacada na Down Town de Miami ... A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos é unha novela de intriga na que amodiño van converxendo, baixo a banda sonora dos temas dos Tamara, tres historias moi emocionantes de amores e rancores, aparentemente sen vencello entre elas, dos membros dunha familia de emigrantes galegos espallada polo mundo. Tres historias de saudades, tres relatos de exilios sentimentais escritos cunha prosa punxente e inusualmente fermosa. Unha emocionantísima novela sobre a emigración galega, gañadora do Premio Terra de Melide 2007.Antón, Dosinda, e Luís, os Quintelo, tres velliños gallegos, que foran propietarios da panadaría A Primavera, aparecen asasinados na súa casa de Primeira Xunta 780, no barrio bonaerense Belgrano. O xove funcionario e escritor Andrés Leiro amiga con Manuel Eiras, un seu veciño xubilado que vive aparentemente só en Madrid dende hai varias décadas. A lúa escintilaba por riba dos Everglades, cando Aurora, que regresaba encabuxada e medosa de limpar unhas oficinas, é atacada na Down Town de Miami ...A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos é unha novela de intriga na que amodiño van converxendo, baixo a banda sonora dos temas dos Tamara, tres historias moi emocionantes de amores e rancores, aparentemente sen vencello entre elas, dos membros dunha familia de emigrantes galegos espallada polo mundo. Tres historias de saudades, tres relatos de exilios sentimentais escritos cunha prosa punxente e inusualmente fermosa. Unha emocionantísima novela sobre a emigración galega, gañadora do Premio Terra de Melide 2007.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497826495

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/10/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 298.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Manuel Marcos


Xesús Manuel Marcos (Seoane do Caurel, 1967), cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa como funcionario da Administración de Xustiza en Madrid. Deuse a coñecer como narrador en 1994 co relato "Aliados solitarios", Premio Modesto Rodríguez Figueiredo do Pedrón de Ouro (1994), ao que seguiron o Premio Manuel Murguía do Concello de Arteixo (1994) polos seus relatos "A cela de arame" e "Fuxidos" (publicados no volume Relatos, 1995) e o Premio de Novela Curta do Concello de Marín (1996). Dende entón, publicou os libros de relatos Terra queimada (1997), que mereceu o Premio de Narración Curta Ricardo Carvalho Calero convocado polo Concello de Ferrol no ano 1995 e Fonte de Esperante (2005); ademais das novelas En terra perigosa (1996); O brindo de ouro. I. A chamada do brindo (2004), Premio Merlín 2004; A lúa dos Everglades (2007), Premio Terra de Melide 2007; O brindo de ouro. II. A Táboa da Hospitalidade (2009); O esconxurador (2010) e O bebedor de rakia (2011). As súas colaboracións xornalísticas están publicadas en La Voz de Galicia, O Correo Galego, e El Progreso. Mantén o blog Abellonenia (http://oulego.blogspot.com)
Descubre más sobre Xesús Manuel Marcos
Recibe novedades de Xesús Manuel Marcos directamente en tu email

Opiniones sobre A LUA DOS EVERGLADES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana