A MEMORIA DO BOI (PREMIO DE NARRATIVA TORRENTE BALLESTER 2000)

XERAIS - 9788483026441

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A MEMORIA DO BOI (PREMIO DE NARRATIVA TORRENTE BALLESTER 2000)

Unha novela polifónica, de voces e de ecos que transparentan o distinto, o diferente dentro desa atmosfera sórdida da vila de Boapedre, ó longo de máis de medio século en que se respiraba o aire das tres guerras. O Campo do boi, referente aínda vivo na Moureira pontevedresa, dá pé á imaxe simbólica do animal metafórico de Galicia: paso firme e vagoroso, resistencia, lealdade, forza, memoria...A memoria do boi de Xosé Vázquez Pintor foi merecedora do Premio Torrente Ballester 2000 outorgado pola Deputación Provincial da Coruña. Esta é unha novela polifónica, de voces e de ecos que transparentan o distinto, o diferente dentro desa atmosfera sórdida dunha vila de beiramar e río, ó longo de máis de medio século en que se respiraba o aire das tres guerras. O Campo do boi, referente aínda vivo na Moureira pontevedresa, dá pé á imaxe simbólica do animal metafórico de Galicia: paso firme e vagoroso, resistencia, lealdade, forza, memoria...
A cidade antiga de Pontevedra cativou ó autor e moveuno a recrear as biografías dun tempo difícil sobre eses espacio cheo de maxia, onde a Pedra, o Río e o Mar han ser a textura e o formato para un friso poético no que a palabra vai tecendo os fíos dos personaxes singulares de Boapedre. Un broslado de estampas que brillan coma ourives sobre un fondo claro ou gris, incerto ou desolado, na rebelión dos soños.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483026441

Número de páginas: 168

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 07/06/2001

Año de edición: 2001

Peso: 271.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Vázquez Pintor


Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide (A Coruña) o 30 de novembro de 1946 e reside en Cangas desde o ano 1972. É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio, o xornalismo e a literatura infantil e xuvenil. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No ámbito da narrativa publicou De ida e volta (1975), Lume de biqueira (Xerais, 1999), Quen faga voar (Premio Carvalho Calero, 2000), A memoria do boi (Xerais, 2001, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica Española), Mar de bronce (Xerais, 2003), Para dicir abril (Premio Cidade de Ourense, 2007), Máis vidas (2009) e Antípodas (Xerais, 2015). Como poeta destaca por Gándaras (1971), O espertar tamén é noso (1977), Ofidios de diario (Premio Eduardo Pondal, 1984), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense, 1989), No corazón mancado (1989), Rotación violeta (1996), Banzados (2000) ou Seara (obra poética 1971-2011). Como autor teatral publicou, entre outros, A parroquia (finalista do Premio Abrente), A fraga encantada (1987), Sala de espera (1990), A sombra da memoria (1999), Teatro do patacón-Os pés do vento (2008). Como ensaísta destacan Os vellos oficios (Xerais, 1996), A tribo sabe (Xerais, 1999), Tal era vivir (Xerais, 2004) e A Terra do Medio (2009).
Descubre más sobre Xosé Vázquez Pintor
Recibe novedades de Xosé Vázquez Pintor directamente en tu email

Opiniones sobre A MEMORIA DO BOI (PREMIO DE NARRATIVA TORRENTE BALLESTER 2000)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana