Este é un libro pouco ortodoxo, talvez como era a propia Begoña Caamaño, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026. Éo, porque nestas páxinas aparece a voz de Morgana, que nos revela os anos da infancia da escritora que tanto influíron nela, período de formación onde o barrio do Calvario ocupa un lugar primordial a través da súa historia, das súas xentes e dos acontecementos máis importantes que deixaron pegada nas súas rúas. Un libro onde se mestura a memoria, a biografía, a historia e a ficción, que se brinda como unha oportunidade para reconstruír, e reivindicar, os primeiros anos de Begoña Caamaño. Se como Rilke afirmaba que na infancia está a patria das persoas, aquí desvélanse as claves da protagonista das Letras Galegas 2026, navegando por ese ronsel de talento e amor que deixou nas persoas que tratou.
Ficha técnica
Ilustrador: Carlos Gallego
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411765473
Idioma: Gallego
Número de páginas: 72
Encuadernación: Tapa blanda con solapas
Fecha de lanzamiento: 22/01/2026
Año de edición: 2026
Colección:
Xohán Ledo
Xohán Ledo
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 0.6 cm
Peso: 263.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón Nicolás
Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é profesor e crítico literario. Escribe semanalmente nas páxinas do suplemento Fugas de "La Voz de Galicia" e con asiduidade no blog literario Caderno da crítica. É membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro e doutras asociacións críticas e literarias, alén de dirixir a colección Biblioteca das Letras Galegas de Xerais. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro. Os seus últimos libros foron a biografía "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" (Xerais, 2012), "Antoloxía do Rexurdimento" (Xerais, 2024) e as novelas "O espello do mundo" (Xerais, 2016) e "Lapis na noite" (Xerais, 2018). Foto de Anxo Cabada