Consta de 8 libriños. Cada un deles recolle unha cancionciña, unha riola ou un xogo-rima procedente da tradición oral galega. As ilustracións presentan uns pequenos buracos en lugares significativos para que o neno introduza os dediños e anime as imaxes mentres llelos len. Deste xeito, o neno séntese protagonista ó tempo que xoga coas súas mans.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Luis Vives (Edelvives)
ISBN: 9788426355072
Idioma: Gallego
Número de páginas: 10
Encuadernación: Tapa dura bolsillo
Fecha de lanzamiento: 02/07/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Madrid
Colección:
Dediños
Dediños
Especificaciones del producto
Escrito por Antón Cortizas y JUAN RAMON ALONSO
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato «A media muller» co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: «Memorias dun río» (1988), Premio Barco de Vapor 1988; «Xiganano ¿onde estás?» (1990); «O conto dos sete medos» (1991), Premio Barco de Vapor 1991; «O lapis de Rosalía» (1992) (Xerais 2015); «A bruxa sen curuxa» (1993); «O merlo de ferro» (1995) (Xerais 2013); «Os gritos das illas Lobeiras» (Xerais 2019), Premio Barco de Vapor 1995; «Historias e algún percance todas ditas en romance» (1996); «Leonel» (Xerais 1996); «Contos de vento e de nunca acabar» (1999); «Dominicus o dragón» (2001); «A merla de trapo», Premio Merlín de Literatura Infantil (Xerais 2001); «¡Cázame ese pensamento!» (2001); «O coleccionista de sombras» (2002), «Onde o sol non adormece» (Xerais 2003) e «Vaia tropa!» (Xerais 2011). Como investigador publicou «Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares» (Xerais 2001), «Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota» (Xerais 2010) e «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza» (Xerais 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra «Incrible invento de Solfis, a pianista» (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con «Xogando con gatos» (Xerais 2015), o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.
Juan Ramón Alonso (Madrid, 1951) estudió pintura en la Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando (Madrid) donde obtuvo el título de Profesor de Dibujo. Su actividad principal fue la enseñanza, hasta que en 1980 publica su primer libro como ilustrador. Sus dibujos se han editado en más de trescientos libros infantiles y juveniles. También es portadista en colecciones para adultos y ha colaborado en prensa con varias revistas y diarios durante más de 20 años, así como en diversas editoriales extranjeras. Habitualmente utiliza en su trabajo acuarela y lápices de color, pero otras veces recurre al tratamiento por ordenador de sus dibujos.