Un discurso entre a verdade e a mentira, entre a ética e a estética, entre o teatro da vida e as bambolinas da conciencia.A pintora libertaria fai un percorrido que discorre en paralelo entre o mundo da política municipal, a construción, a falsificación de obras de arte e a educación mentres se fai un repaso dos grandes nomes da nosa pintura arredor da figura da máis libre e grande artista galega, Maruja Mallo.
Unha lectura dinámica onde os personaxes cobran vida en Vila do Pazo, que podería ser calquera vila galega, e na que se recorda a vida cultural de Galicia, histórica e da emigración, e do seu fondo máis escuro e controvertido.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491515883
Idioma: Gallego
Número de páginas: 168
Tiempo de lectura:
3h 56m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/02/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Costa Oeste
Costa Oeste
Número: 121
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Pepe Carballude
Pepe Carballude (Rubín, A Estrada, 1956) é licenciado en Filoloxía Clásica. A súa ampla traxectoria na literatura galega deixou títulos como O xílgaro pintor, Os gazafellos (Premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, SOS, Maldito DNI, Talismán dos druídas, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.