Á princesa Li espéralle unha misión importante: recuperar os cantos, os contos, os soños...dos habitantes do reino de Baldaio, que viven amenazados pola sombra do Círculo do Dragón. A nosa protagonista decide percorrer todo o seu territorio co fin de recuperar as vellas historias que lle poden devolver a prosperidade ao seu reino.
Ficha técnica
Ilustrador: Uhía Manolo
Editorial: Everest
ISBN: 9788440305367
Idioma: Gallego
Número de páginas: 72
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 26/03/2007
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Es
Colección:
Montaña Encantada Galego
Montaña Encantada Galego
Alto: 19.5 cm
Ancho: 12.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por XOAN BABARRO
Xoán Babarro. Natural de Calvelo de Zorelle, no concello ourensán de Maceda (1947), compaxina o ensino e a investigación coa creación literaria. Doutorouse en Filoloxía cunha tese sobre o galego de Asturias, unha variante lingüística que utiliza en obras de creación como Píllaras. Canciois del Navia. Foi galardoado co Premio Pura e Dora Vázquez de narración (con Palabra era un universo paralelo) e co Premio Arume de poesía (con A princesa de Taramundi), entre outros. Obras súas son Hilario e os tres medos (2017), Sálice e Sándala. Salvados por unha uña negra (2022) e Garabitolas (2023). Nesta nosa colección de Galaxia publicou As máscaras do profesor Robindra (2015), Teño oito anos e quero ser youtuber (2019) e Carliños capitán! (2022), entre outras.