📗 Libro en gallego A RUTINA CORSARIA: RUTINA CORSARIA

XERAIS - 9788483022566

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de A RUTINA CORSARIA: RUTINA CORSARIA

Expósito Vindeira leva quince anos de fareiro na illa Pancha, na bocana da ría de Ribadeo. Un día decide mudar a súa vida, porque está canso de subir e baixar por unha torreta e de facer os mesmos cambios de sinais. Nace así o Capitán Thunderskin. A nova vida que pretende levar requerirá dunha vestimenta axeitada, dunha arrecada na orella dereita, dun barco veleiro de iroso navegar, O Repoludo, e unha tripulación de corsarios, con quen viaxar ata atopar o seu soño: coñecer o máis importante e temido pirata de tódolos tempos, sir Francis Drake. A rutina corsaria é unha emocionante novela de piratas, enchida de toda a fantasía e sabedoría dos mellores relatos do xénero. Unha aportación do bravú a un xénero clásico da literatura xuvenil.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483022566

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 25/06/1998

Año de edición: 1998

Plaza de edición: Es

Colección:
Fora de Xogo

Número: 26
Peso: 168.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Jaureguizar


Naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965. Viviu a súa infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo. Vive illado nalgún lugar remoto de Galicia, onde se dedica a andar en bicicleta, cultivar vermes da seda e contemplar o paso das nubes. Cada xoves de madrugada sobe ao cumio dun monte para catar o sabor dos diferentes ventos mareiros. Nas noites de lúa nova conta as estrelas.
Descubre más sobre Jaureguizar
Recibe novedades de Jaureguizar directamente en tu email

Opiniones sobre A RUTINA CORSARIA: RUTINA CORSARIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana