A Lucía sempre lle gustaron as chaves inglesas, a graxa e os motores, pero, de repente, a fábrica onde traballa como mecánica pecha e decide aceptar un traballo que nunca imaxinou: aprendiza de zapateira. Co seu enxeño, os zapatos do barrio comezan a facer cousas extraordinarias. A xente amoréase para conseguir cita con Lucía, e esta convértese, sen pretendelo, na mellor zapateira... mecánica! Entre tortas de mazá e festas secretas cos compañeiros na antiga fábrica, Lucía descobre que, ás veces, os cambios traen sorpresas inesperadas. Unha historia de superación, chea de humor, enxeño e compañeirismo.
Ficha técnica
Ilustrador: Jorge Lei
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411107839
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/03/2026
Año de edición: 2026
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 138.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xelís de Toro
Xelís de Toro (1962, Santiago de Compostela). Publicou os seguintes libros de narrativa: «Seis cordas e un corazón», 1989 (co pseudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), novela, Premio Compostela Cultural; «Non hai misericordia» (1990, Xerais 2003), relatos, Premio Narrativa Cidade de Lugo; «Terminal» (1994); «Os saltimbanquis no paraíso» (1999), novela, Premio San Clemente 2000; «The Corunna boats» (Xerais 2004), novela; «Riofero» (Xerais 2009), novela; Etceteramente (Xerais 2022), novela; «O gato fantasma» (Xerais 2013), novela infantil; «A porta dourada» (Xerais 2018), novela infantil, e «Paco Peco pequeneiro e o lagarteiro miope» (Xerais 2021), conto infantil, e «A zapateira mecánica» (Xerais 2026), novela infantil. Mantén na rede o espazo http://laboratoro.net/