"Amar e outros verbos" recrea un universo de palabras e emocións. Unha voz poética, que traza o círculo da vida a través da experiencia cotiá e das sensacións que dela derivan. Con sinxeleza, sinceridade e sentimento este poemario é o companheiro que precisamos para percorrer un caminho que, en ocasións, resulta demasiado complicado para andar en solitario. Galardoado co Premio Lazarillo de Creación Literaria 2001.
Ficha técnica
Ilustrador: Cobás Xosé
Editorial: Everest
ISBN: 9788440304247
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/03/2002
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.7 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Ana María Fernández
Ana María Fernández Martínez nace en Palma (Illas Baleares) en 1949. Con 18 anos chega á Coruña, onde reside e desenvolve a súa vida laboral e familiar. Mestra e licenciada en Filosofía e Letras, é autora dunha ampla obra relacionada coa literatura infantil e xuvenil que abrangue os campos do teatro, a narrativa e outras obras do ámbito da aprendizaxe da lingua. Especializouse, sobre todo, na poesía, á que dedicou boa parte da produción. En 1977 recibe o premio O Facho de contos por Os amigos do cabaceiro. Máis tarde o seu poemario Amar e outros verbos foi galardoado co Premio Lazarillo (2001). Tamén é coautora, con Xoán Babarro, de varios títulos, entre os que figuran os premios O Barco de Vapor de 1985 (Primeiro libro con Malola) e 1989 (Barrigaverde e o dragón Achís). Outras obras súas en Editorial Galaxia son Marta ten a solución (2007), Versos da tarde laranxa (2016) e Incesante vagalume (2021).