"Sabedes o que é o amor? Eu seino ben. Non volo podo explicar, o amor séntese pero non hai unha maneira de definilo, aínda que sentír séntese con moita intensidade, podo aseguralo, sei o que digo. Chámome Barucho, Álvaro en realidade, pero o meu avó dicíame Barucho e todos me chaman así. Teño oito anos e o primeiro día da escola, cando empezaba o terceiro curso de primaria, foi máxico". Así comeza esta nova historia nacida da fecunda imaxinación de X.H. Rivadulla Corcón. Un libro cheo de personaxes máxicos que van engaiolarte dende a primeira palabra ata a derradeira.
Ficha técnica
Ilustrador: Antonio Seijas Cruz
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498652949
Idioma: Gallego
Número de páginas: 140
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 07/07/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Colección:
Árbore
Árbore
Número: 173
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por X.H. RIVADULLA CORCON
X. H. Rivadulla Corcón (A Coruña, 1962) é poeta, narrador, dramaturgo e guionista de televisión. Traballa dirixindo e escribindo programas para a TVG, especializado na cultura mariñeira. Publicou a novela "Do mar e a noite" (2002); os poemarios "Taberna á deriva" (2002), "O adeus do vello mariñeiro" (Xerais 2007), "Camiño ao mar" (2010), "Os papeis do vagabundo" (2010) e "Tankas da vida salgada" (2019); e as pezas teatrais "¡Furga Garabela!" (2001) "Salitre" (2003) e "Pan" (2008). As obras de literatura infantil e xuvenil que ten publicadas son: "O bebé máxico" (2000), "O elefante dunha soa orella" (2004. Premio Frei Martín Sarmiento), "¿A que veñen as gaivotas a Compostela?" (2006), "O sorriso de Claudia" (2007. Premio Frei Martín Sarmiento), "A balada de Roi Nemiña" (2007), "Os piratas da illa da Esperanza" (Xerais, 2008. Premio Frei Martín Sarmiento), "Amar unha serea" (2011), "O noso amor será eterno" (Xerais, 2011), "Soños de mar" (Xerais, 2014) e "Cando soa a buguina" (2020).