Ambulancia é unha novela negra e redonda, que unha vez rematada deixa moi bo sabor de boca. Suso de Toro non só consegue unha novela negra senón tamén unha certa epopea urbana. (Vicente Araguas, Leer, Madrid). As pantasmas da cidade e as súas paixóns circulan por ambulancia como formas extremas do vivir de cada día. As imaxes desgarradas e a paisaxe de homes sen atributos constitúen o cerne da novela. (Diario 16 de Galicia). Ambulancia, de Suso de Toro, ten frescura, ambiente urbano, estética negra e realismo sucio. (Marcos Valcárcel). A poética narrativa de Suso de Toro é unha poética da precariedade, do residual e da carencia que se instala nos arrabaldos da cidade emblemática, para configurar, non épicas ancestrais, senón escuetas, frías e impasibles traxedias urbanas. (Adolfo Sotelo, El Observador, Barcelona). O estilo de suso de Toro é moi directo, cun trasfondo duro e violento, reflexo dunha sociedade determinada. (Pemón Bouzas, El Correo Gallego).Ambulancia é unha novela negra e redonda, que unha vez rematada deixa moi bo sabor de boca. Suso de Toro non só consegue unha novela negra senón tamén unha certa epopea urbana. (Vicente Araguas, Leer, Madrid). As pantasmas da cidade e as súas paixóns circulan por ambulancia como formas extremas do vivir de cada día. As imaxes desgarradas e a paisaxe de homes sen atributos constitúen o cerne da novela. (Diario 16 de Galicia). Ambulancia, de Suso de Toro, ten frescura, ambiente urbano, estética negra e realismo sucio. (Marcos Valcárcel). A poética narrativa de Suso de Toro é unha poética da precariedade, do residual e da carencia que se instala nos arrabaldos da cidade emblemática, para configurar, non épicas ancestrais, senón escuetas, frías e impasibles traxedias urbanas. (Adolfo Sotelo, El Observador, Barcelona). O estilo de suso de Toro é moi directo, cun trasfondo duro e violento, reflexo dunha sociedade determinada. (Pemón Bouzas, El Correo Gallego).
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497820950
Idioma: Gallego
Número de páginas: 120
Tiempo de lectura:
2h 46m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/02/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número: 199
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 193.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.