ALEXANDRA MIHAILOVNA KOLLONTAI
SOTELO BLANCO EDICIONS - 9788478245673
Alexandra Kollontai
'Amor vermello e escritos sociais e políticos', é unha recompilación de textos da revolucionaria bolxevique Alexandra Kollontai.
Kollontai (1872-1952) foi unha muller socialista, revolucionaria e feminista. Participou activamente na Revolución rusa, desempeñou o cargo de Comisaria do Pobo para a Asistencia Pública no Goberno e foi a primeira muller embaixadora da historia. As súas contribucións ao socialismo e á igualdade da muller marcaron decididamente a súa vida. En 1905 foi testemuña da matanza de obreiros na manifestación fronte ao Palacio de Inverno.
A Revolución rusa trouxo consigo a igualdade política, económica e sexual entre homes e mulleres. Traballou activamente escribindo artigos sociais e políticos e organizando as mulleres traballadoras rusas. Así acadaron o pleno dereito ao voto e igualaron os dereitos laborais da muller e do home.
Especificaciones del producto
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!