📗 Libro en gallego ANATOL E DOUS MAIS

Editorial Galaxia, S.A. - 9788411760058

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ANATOL E DOUS MAIS

Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible. Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pepe e, como todos os seus amigos en Santiago, quere ser escritor. Este libro fala do sagrado e o terrible, fala das inocentes alegrías da vida que, como dicía Kierkegaard, non teñen máis ca un defecto: a súa mesma inocencia. Non é soamente un paseo polo efémero da xuventude, é a historia doutra “educación sentimental”, torpes, ás veces tenra. Hai que familiarizarse coa lama, porque só na lama crecen rosas. E desta cidade húmida que se che mete nos ósos e remata sendo unha enfermidade chea de musgo.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788411760058

Idioma: Gallego

Número de páginas: 148
Tiempo de lectura:
3h 27m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/04/2023

Año de edición: 2023

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Literaria

Número: 473
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 221.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Blanca Riestra


Blanca Riestra
Blanca Riestra (A Coruña, 1970) é doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Borgoña. Foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (Estados Unidos), directora literaria da colección Versión Celeste da editorial francesa Orbis Tertius, profesora universitaria e, na actualidade, é profesora de Secundaria no IES Neira Vilas de Oleiros. Publicou as novelas «Anatol y dos más» (1996, reeditada en lingua galega en 2023), «La canción de las cerezas» (2001, premio Ateneo Joven de Sevilla), «El Sueño de Borges» (2005, premio Tigre Juan), «Todo lleva su tiempo» (2007, finalista do premio Fernando Quiñones), «Madrid Blues» (2008), «La noche sucks» (2010), «Vuelo diurno» (2012), «Pregúntale al bosque» (2013, premio Ciudad de Barbastro), «Greta en su laberinto» (2016, premio Torrente Ballester), «Noire Compostela» (2016, premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia), «Últimas noches del edificio San Francisco» (2020, premio Ateneo de Sevilla), «Aquí comeza o mar», (2022, premio Blanco-Amor, reeditada en lingua castelá en 2024), «Tritón» (2024), «As augas interiores» (Xerais, 2025) e os poemarios «Una felicidad salvaje» (2010) e «All things must pass» (2024). Fotografía da autora: Bernardo Villanueva.
Descubre más sobre Blanca Riestra
Recibe novedades de Blanca Riestra directamente en tu email

Opiniones sobre ANATOL E DOUS MAIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana