leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego ANIBAL E A PINTORA

Edicións Xerais - 9788491211372

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ANIBAL E A PINTORA

Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación que rematará por mirrar o esforzado amador. Un amigo seu recollerá os escritos deixados por Aníbal e tentará elucidar esa relación internándose, tamén el, no impensable sorbedoiro dunha paixón quimérica. Nos papeis de Aníbal, recreados polo seu amigo, un rodopío de personaxes famosos, papas e artistas enchen as páxinas do gran fresco barroco onde se entretecen as artes coas paixóns humanas no epicentro da gran cultura europea do século XVII. Nesa altura, Roma transfórmase en capital do mundo e taller da Cristiandade, ensaiando un nacente dramatismo para alicerzar a punxente piedade da Contrarreforma xesuítica. Triunfan pintores como o Caravaggio e escultores como Bernini, que fascinan a curia. Nese colosal obradoiro nace, e aprende a pintar co seu pai, Artemisia a moza chamada a ser a gran pintora do seu tempo. Orfa de nai aos doce anos, será violada e sufrirá un dilatado e infamante proceso público. Estas esgazaduras cicelarán un temperamento de rara afouteza. A ardencia e a coraxe guiarán a súa vida de artista e muller libre.Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación que rematará por mirrar o esforzado amador. Un amigo seu recollerá os escritos deixados por Aníbal e tentará elucidar esa relación internándose, tamén el, no impensable sorbedoiro dunha paixón quimérica. Nos papeis de Aníbal, recreados polo seu amigo, un rodopío de personaxes famosos, papas e artistas enchen as páxinas do gran fresco barroco onde se entretecen as artes coas paixóns humanas no epicentro da gran cultura europea do século XVII. Nesa altura, Roma transfórmase en capital do mundo e taller da Cristiandade, ensaiando un nacente dramatismo para alicerzar a punxente piedade da Contrarreforma xesuítica. Triunfan pintores como o Caravaggio e escultores como Bernini, que fascinan a curia. Nese colosal obradoiro nace, e aprende a pintar co seu pai, Artemisia a moza chamada a ser a gran pintora do seu tempo. Orfa de nai aos doce anos, será violada e sufrirá un dilatado e infamante proceso público. Estas esgazaduras cicelarán un temperamento de rara afouteza. A ardencia e a coraxe guiarán a súa vida de artista e muller libre.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491211372

Idioma: Gallego

Número de páginas: 376
Tiempo de lectura:
8h 57m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/01/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 3.0 cm
Peso: 577.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xabier Paz


Xabier Paz (A Coruña, 1949) reside en Vigo, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida á investigación no Centro Oceanográfico de Vigo e foi colaborador de diversas publicacións culturais, de pensamento crítico e de viaxes. Publicou as novelas «Renacer» (Xerais, 2008), «As vidas de Nito» (Xerais, 2013), «A galera de Xelmírez» (Xerais, 2015), «Aníbal e a Pintora» (Xerais, 2017), «Galileo no espello da noite» (Xerais, 2019), «A Barcelonesa» (Xerais, 2021) e «O libro e o tapiz» (2023). Como poeta, publicou «Sedimentos» (2001), «No canto do mar» (2005), «Materia de Lucrecio» (Xerais, 2006) e «Filoxenia do sangue» (2006). Tamén é autor do libro «Follas do bacallau» (Xerais, 2005), que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura.
Descubre más sobre Xabier Paz
Recibe novedades de Xabier Paz directamente en tu email

Opiniones sobre ANIBAL E A PINTORA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana