ANTONIO TOVAR POESIA GALEGA COMPLETA

AKAL- 9788473390699

Estudios lingüísticos Estudios y ensayos

Sinopsis de ANTONIO TOVAR POESIA GALEGA COMPLETA

Antonio Tovar (A Pereira de Rairiz da Veiga, Xinzo de Limia, 1921) vive e traballa en Ourense onde, de vagar, escribe algús dos versos máis densos, máis cheos de celme íntimo da nosa poesía. Os críticos da máis diversa feitura (Vicente Risco , Carballo Calero, Alvaro Cunqueiro, Basilio Losada ...) téñense pronunciado de xeito inteiramente favorable sobor da súa obra poética. algús, mesmo, xulgan que o seu nome é un dos dous primeiros da poesía galega de hoxe. para outros é un dos mellores poetas con que conta España nesta hora. A pesares do limpo e afervoado pronunciamiento da crítica, o poeta Tovar–escritor, ademáis, de gramática doada- inda non conqueríu o público que voces de menos entidade teñen acadado no país. Este volume contén tres dos seus libros poéticos, dous en reedición (“Arredores”e“Non”) e ún en primeira impresión (“O vento no teu colo”). Co este libro–subtitulado“Poemas a Tucha”, que é a muller do poeta- a poesía de lingua galega asómase a un eido fai tempo pouco transitado, o do amor, un amor cheo de vida e de quentura latexante e sin as arañeiras da retórica e do idealismo. A súa entrega ó amor, á muller,, compañeira, é, ás veces, a fuxida do desamparo e do desacougo no que ten vivido o orfo radical que era Antonio Tovar. Nos outros dous libros o Tovar leva a cabo a tarefa de tnatos e tantos poetas líricos. percurar a intimidade, si ben nel a indagación é tan fonda e tan singular que jai poemas que constituyen un encontro coa mismidade, poemas que constituyen un encontro coa mimidade, unha mismidade de tal xeito configurada que ela por si é xa unha acusación, un alegato contra o mundo. ¡Engalolando poeta o autor que, á forza de se buscar, amósanos, de paso, a fasquía noxenta da sociedade! Na historia da poesía galega–rexeiten o que queiran os antólogos- o nome de Tovar está entre os primeiros. Cumpría, pos, para ben de todos, escorrentar tangaraños e meigallos.

Ficha técnica


Editorial: Akal

ISBN: 9788473390699

Número de páginas: 176

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/12/1970

Año de edición: 1970

Plaza de edición: Es
Número: 10
Alto: 18.0 cm
Ancho: 12.0 cm
Grueso: 12.0 cm
Peso: 150.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Antón Tovar


Antón Tovar (Pereira, Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004) é autor dunha obra poética que aborda a existencia desde unha ollada sincera sobre a condición humana, desde o intimismo, desde a procura erma de deus e desde un intenso amor pola natureza e a paisaxe. Logo de pasar a súa infancia entre Celanova e Ourense, iniciou estudos de Filosofía e Letras en Salamanca en 1940, pero abandonounos para ingresar nos xesuítas. En 1942 gañou a oposición a Contador do Estado e estivo destinado en León e Ourense, ata que en 1967 foi expulsado do corpo de Facenda pola súa militancia clandestina no Partido Comunista. Iniciou a súa actividade literaria en castelán en 1955 con "Barro de nadie" e en 1962 publica en galego "Arredores", ao que seguiron os libros de poemas "Non" (1967), "Poesía galega completa" (1974), "Calados esconxuros" (Xerais, 1980), "Berros en voz baixa" (1990), "A nada destemida" (1991) e "Cadáver adiado" (2001). Toda a súa "Poesía en galego" foi editada en dous volumes polo Pen Clube en 2005. Nese mesmo ano, o Museo da Limia, xunto co Concello de Rairiz de Veiga e outras entidades, impulsaron o Premio de Poesía Antón Tovar. En 2023 Xerais publica "Antoloxía poética", un volume que reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos.
Descubre más sobre Antón Tovar
Recibe novedades de Antón Tovar directamente en tu email

Opiniones sobre ANTONIO TOVAR POESIA GALEGA COMPLETA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana