En Aquel lugar, unha muller emprende unha viaxe a Lahore, Paquistán, unha cidade de encontro convertida agora nun lugar inseguro porque se pensa que alí se agachan destacados terroristas. En certa medida, Paquistán é un país á deriva, perdido na procura da súa identidade; un país de terras profundas onde a vida, para unha moza como Talat, non é doada. Pero, lonxe, en Galicia, hai outra terra profunda semellante á de al-Luaira. É o punto de procedencia dunha moza que decide a viaxe como un xeito de liberación, pero que atopa o mesmo. Nesta novela, o debut literario de Antía Nara, mestúrase a violencia xeral coa particular, a tradición coa modernidade, o profundo coa superficialidade, a simplificación coa complexidade de dous mundos deixados á marxe. Polo momento, a viaxe queda como a única saída.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497826358
Idioma: Gallego
Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/09/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Vigo
Alto: 13.0 cm
Ancho: 21.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Antía Nara
Antía Nara traballa como investigadora e reside en Berlín. A súa primeira novela é "Aquel Lugar" (Xerais, 2007). "Cara ao leste" (Xerais, 2016) é a súa segunda novela.