PREMIO BLANCO-AMOR 2021
Unha cidade construída, non sobre un volcán, senón sobre un sumidoiro. Encheron parte do istmo con bloques de cemento e chamáronlle o Recheo, logo construíron por riba casas modernistas e obeliscos e plantaron árbores exóticas, en xardíns con estatuas de escritoras e de próceres.
Pero o sumidoiro móvese e tira dos que camiñan sobre el, funciona coma unha ventosa. Mentres a cidade vive, o sumidoiro láiase e boquea. Sopra o vento, chove a mares e, arredor, os océanos axítanse e ameazan de negrura.
Aquí comeza o mar é a historia dunha cidade anómala, A Coruña, segunda capital del franquismo, onde, ás costas dos funcionarios e da xente ben, a finais dos setenta, empeza a medrar unha bohemia desaforada e imaxinativa, unha vida nocturna velenosa e fulgurante. A través das páxinas da novela, acompañamos a pintores, músicos de rock, escritores e poetas á procura dunha cultura propia nunha explosiva epopea de autodestrución persoal chea de humor, de drogas, de fantasía, de sexo.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491518082
Idioma: Gallego
Número de páginas: 246
Tiempo de lectura:
5h 49m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/03/2022
Año de edición: 2022
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 443
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 314.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Blanca Riestra
Blanca Riestra (A Coruña, 1970) é doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Borgoña. Foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (Estados Unidos), directora literaria da colección Versión Celeste da editorial francesa Orbis Tertius, profesora universitaria e, na actualidade, é profesora de Secundaria no IES Neira Vilas de Oleiros. Publicou as novelas «Anatol y dos más» (1996, reeditada en lingua galega en 2023), «La canción de las cerezas» (2001, premio Ateneo Joven de Sevilla), «El Sueño de Borges» (2005, premio Tigre Juan), «Todo lleva su tiempo» (2007, finalista do premio Fernando Quiñones), «Madrid Blues» (2008), «La noche sucks» (2010), «Vuelo diurno» (2012), «Pregúntale al bosque» (2013, premio Ciudad de Barbastro), «Greta en su laberinto» (2016, premio Torrente Ballester), «Noire Compostela» (2016, premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia), «Últimas noches del edificio San Francisco» (2020, premio Ateneo de Sevilla), «Aquí comeza o mar», (2022, premio Blanco-Amor, reeditada en lingua castelá en 2024), «Tritón» (2024), «As augas interiores» (Xerais, 2025) e os poemarios «Una felicidad salvaje» (2010) e «All things must pass» (2024). Fotografía da autora: Bernardo Villanueva.