Como fixera coa súa triloxía Os nosos antepasados, Italo Calvino xoga en As cidades invisibles a redefinir os mitos, neste caso do emperador mongol Kublai Khan e o mercader veneciano Marco Polo, aínda que a empresa ten aquí ben máis calado. Non parte Calvino do Libro das marabillas do propio Polo, nin da realidade histórica do século XIII en que viviron estes personaxes. Ó xeito do noso Cunqueiro, os anacronismos deseñan un tempo imaxinario, indeterminado; o mundo da fábula contemporánea. Neste universo abstracto transcorre unha conversa entre o emperador e o mercader, na que este lle describe a aquel as cidades do seu imperio. Cidades, todas elas con nome de muller, presentadas como metáforas da sociedade e mesmo da existencia, e observadas cun humanismo por veces irónico. Coma o fresco que adorna o Palazzo Comunale de Siena existe unha simetría sutil entre o bo e o mal goberno, entre a cidade xusta e a inxusta da que fala Calvino.En palabras de Miguel-Anxo Murado, o traductor para o galego desta edición e autor do prólogo, �a sociedade, pero tamén a linguaxe e a imposibilidade de expresar a realidade por medio das palabras, son as grandes protagonistas deste libro escrito con tanto preciosismo lingüístico. As conversas entre Kublai e Polo están cheas de referencias á necesidade de imaxinar ou evocar antes que á posibilidade de describir. Así xorde outro dos elementos claves do libro: a memoria. A memoria como único patrimonio verdadeiro do ser humano. Un é o que pode lembrar. Esa é toda a bagaxe de Marco Polo, un humilde estranxeiro, perante do Khan, que sen embargo nada posúe porque descoñece o seu propio imperio. Non se pode ter o que non se sabe�. Este libro fermoso, considerado por algúns a creación máis lograda de Calvino, abre a nova liña de traduccións que Xerais ofrecerá na súa colección �Narrativa�.
Ficha técnica
Traductor: Miguel-anxo Murado
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483023150
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Vigo
Peso: 263.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Italo Calvino
Italo Calvino nació en 1923 en Santiago de las Vegas (Cuba). A los dos años la familia regresó a Italia para instalarse en San Remo (Liguria). Publicó su primera novela animado por Cesare Pavese, quien le introdujo en la prestigiosa editorial Einaudi. Allí desempeñaría una importante labor como editor. De 1967 a 1980 vivió en París. Murió en 1985 en Siena, cerca de su casa de vacaciones, mientras escribía Seis propuestas para el próximo milenio. Con la lúcida mirada que le convirtió en uno de los escritores más destacados del siglo XX, Calvino indaga en el presente a través de sus propias experiencias en la Resistencia, en la posguerra o desde una observación incisiva del mundo contemporáneo; trata el pasado como una genealogía fabulada del hombre actual y convierte en espacios narrativos la literatura, la ciencia y la utopía.