AS COUSAS DE BERTA

XERAIS - 9788483027677

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de AS COUSAS DE BERTA

A Berta ocórrenlle as cousas mais incribles. O caso é que pertence a unha familia normal, vai ao colexio, celebra o Nadal, gústalle o chocolate, cáelle o primeiro dente� coma a calquera nena da súa idade. Sen embargo, hai algo nela que fai que todo sexa máis complicado, pero tamén máis divertido. A Berta non lle importaban un carrizo as aparencias. ¿Que importancia tiña para ela estar guapa comparado coa pasta e as lambetadas que podería comprar co que lle deixaría o rato Pérez? Se no mundo había unha cousa que Berta non podía soportar era non saber algo, e iso, moitas veces, vaile traer consecuencias imprevistas para ela. Berta era unha grande amante das regras sempre e cando se aplicasen a outras persoas, nunca sentía que se referisen a ela, e iso era outro problema ao que tiña que facer fronte coas súas mañas. Berta odiaba estar en segundo plano: se xogaba ás médicas, ela tiña que ser sempre a médica e abrir a Luci-a-veciña pola metade, e se xogaban a meigas e fadas, ela tiña que ser a meiga, porque era moito máis divertido ser malísima que sempre tan boa. A Berta encantáballe estar enriba do escenario con centos de persoas mirándoa: era ese tipo de actiz que vivía o seu papel ata ser capaz de variar o texto do mellor libreto� Berta non gustaba de xogar con monecas, só unha vez metérase nun grave conflicto por enterrar unha da súa irmá maior, Hilaria.As cousas de Berta, o libro do escritor inglés Roger Collinson, ilustrado nesta edición por Antonia Santolaya, é unha divertidísima novela. Protagonizada por esa nena rebelde e bastante fedello, amosa como os rapaces e rapazas vanse sentindo donos dos seus actos, vanse facendo máis independentes. Collinson demostra neste libro desternillante que a vida dos nenos e das nenas pode ser divertida, malia ter que obedecer os maiores, pero tamén que hai que aprender a responsabilizarse dos propios actos e sufrir as consecuencias dalgunhas trasnadas.

Ficha técnica


Traductor: Maria Reimondez
Ilustrador: Antonia Santolaya Ruiz-clavijo

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027677

Número de páginas: 136

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/04/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 8 anos en diante
Número: 19
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 240.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Roger Collinson


Roger Collinson naceu en Londres en 1936. Estudiou Filoloxía Inglesa e Teoloxía na universidade de Durham. Desde 1977 é pastor da igrexa anglicana. Leva publicados numerosos libros infantís.
Descubre más sobre Roger Collinson
Recibe novedades de Roger Collinson directamente en tu email

Opiniones sobre AS COUSAS DE BERTA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana