Estamos no século XIII, no reinado de Afonso X, o Sabio. Paio Gómez Chariño, o trobeiro autor de cantigas extraordinarias, volve a Galicia traendo canda el ó mozo Edelmiro Soutelo, fillo dun cabaleiro que morreu loitando contra os mouros nas guerras de Granada. A viaxe que fan de Toledo a Compostela está chea de loitas e perigos, pero tamén de feitos marabillosos. E Edelmiro descubrirá o amor cando Xoana, a filla de Paio Gómez, se una en Zamora á expedición. As flores do meu amigo é unha amena e documentada novela de fondo histórico, que pon ante os nosos ollos o fascinante mundo medieval dos trobadores e xograres.
Ficha técnica
Ilustrador: Xosé Cobas
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483025239
Idioma: Gallego
Número de páginas: 112
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/06/2000
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 140.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Rafael Fernández Lorenzo
Rafael Fernández Lorenzo. Nado en Cangas do Morrazo en 1962, é escritor e colabora en diversos medios con artigos de creación e crítica literaria. Como autor literario, publicou os seguintes libros: «Son media ducia e parecen cen» (1991), «O ladrón de voces» (1998), «As flores do meu amigo» (Xerais, 2000) e «Cocotibur» (Xerais, 2021). En 2023 gaña o Premio Raíña Lupa coa novela «As pedras verdes» (Xerais, 2024). É autor doutras obras como «Abecedario de Ricardo Carvalho Calero» (2019) e «Abecedario de Bernardino Graña» (2020), e coautor de «Conversas con Bernardino Graña» (Xerais, 2005). A súa obra está traducida a varios idiomas, como o éuscaro, portugués, catalán e castelán.