As horas rotas. No tronco dunha vella sobreira agóchanse a risa do vento ou talvez o asubío dun xílgaro que coñece os segredos do bosque. Quizais sexa tan só a sombra dun fuxido republicano, un maquis que ten as mans negras da tinta do seu oficio de impresor. Serán só David e Antía, dous rapaces que viven unha conmovedora historia de amor e exilio interior e exterior no bosque, os que descubran o seu rastro invisible de paxaro de voo truncado. As horas rotas fálanos de feridas nunca pechadas, de como o pasado determina as nosas vidas ou de como as batallas comezan cando a loita remata e, para facelo, bota man de diferentes planos espaciais e temporais ao longo de varias xeracións de mulleres que sofren as consecuencias devastadoras dunha guerra que parece non rematar nunca. Escrita cun ritmo poético de notable factura evocadora, As horas rotas supón unha nova achega a esa reelaboración sentimental ideolóxica e moral da memoria de noso.
Ficha técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478246052
Idioma: Gallego
Número de páginas: 138
Tiempo de lectura:
3h 12m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/02/2011
Año de edición: 2011
Especificaciones del producto
Escrito por Chelo Suárez
Chelo Suárez Muíños nada na Coruña, no barrio de Santa Lucía, no seo dunha familia mariñeira. Medrou entre libros, moitos libros, cunchas e estrelas de mar. Asinou en diversas ocasións cos pseudónimos Amara Orzania e Puliana Marful. Foi colaboradora habitual de Radio Oleiros. Obra Narrativa: ''Flor de Xiz'', 2003, ''A Venus de cristal'', 2008, ''Os milagres de Cristamar'', 2008, ''As horas rotas'', 2010, ''A neve e o lume'' (próxima aparición). Poesía: ''Corpo de mar'', 2008, ''O arco da luz'', 2009, publicado en internet pola AELG. Obras colectivas: ''En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova'', 2010, ''Vivir un soño repetido''. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, libro electrónico da AELG. Premios: Premio de literatura erótica Narrativas Quentes no 2008, por Os milagres de Cristamar. Segundo premio do Modesto Figueiredo no 2008, por Colleita de sombras. Gañadora da XVII edición do premio Lueiro Rey no 2010, pola obra As horas rotas. Gañadora do premio Adiala de relato curto do Centro Galego de Mallorca no 2010, por Monólogo dun cadáver. Gañadora da XIII Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole, no 2011, por Recendos. Finalista do Manuel Murguía no 2012, por Momentos de néboa e luz.