Este relato recrea a Noite de San Valentín chinesa, tamén coñecida como Qixi, A Noite dos Sete ou Festival da Pega, paxaro que a autora decidiu simbolizar na Rula, tan da nosa tradición amorosa. Esa noite os namorados contemplan o ceo e falan de amor ao tempo que buscan as estrelas Vega e Altair, que representan os amantes desta antiga lenda da dinastía Han, na que se relata o amor entre a Princesa Tecedora, un ser máxico, e o Home das Vacas, tan só un humilde mortal.
Ficha técnica
Ilustrador: Dani Padrón
Editorial: Xerais
ISBN: 9788499144900
Idioma: Gallego
Número de páginas: 56
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 26/03/2013
Año de edición: 2013
Plaza de edición: Es
Colección:
Merlin
Merlin
Peso: 101.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ánxela Gracián
Ánxela Gracián (Castroverde, 1968) é escritora de literatura infantil e tradutora. Ten publicados numerosas traducións para o galego, como Memorias de Adriano (1998) de Margarite Yourcenar, Corto Maltés ou Balada do mar salgado (2006) de Hugo Pratt. Foi gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución d A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títulos de literatura infantil citamos Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chamado labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006), Pinga de choiva (Xerais 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013).