Sinopsis de AS RENOVACIONS LITERARIAS: LITERATURA UNIVERSAL CONTEMPORANEA
Quinto volume dunha serie de Literatura Universal Contemporánea que fala dos escritores e escritoras que cambiaron o rumbo da Literatura coa achega de anovadoras técnicas narrativas, nomeadamente co emprego do monólogo interior e coa introdución da multiplicidade de perspectivas na presentación da realidade. Céntrase a atención en autores en lingua inglesa como James Joyce, Virginia Woolf, William Faulkner ou John Dos Passos, entre outros.
Propóñense como actividades, o comentario de varios textos narrativos, dramáticos e poéticos, seguindo as pautas empregadas nas unidades anteriormente publicadas. Recoméndase o conto Os mortos, de James Joyce, a novela A señora Dalloway, de Virginia Wolf, Térèse Desqueyroux, de François Mauriac e a obra teatral Seis personaxes en busca de autor, de Luigi Pirandello.De grande utilidade tanto para o profesorado e o alumnado como para calquera persoa interesada en ter unha completa visión do máis destacado das renovacións literarias.
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788496128521
Idioma: Gallego
Número de páginas: 184
Tiempo de lectura:
4h 19m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/07/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Guía de recursos
Guía de recursos
Serie/Saga: Literatura universal contemporánea
Especificaciones del producto
Opiniones sobre AS RENOVACIONS LITERARIAS: LITERATURA UNIVERSAL CONTEMPORANEA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!