📗 Libro en gallego AS RUINAS DA CIDADE AMADA

GALAXIA - 9788482882468

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de AS RUINAS DA CIDADE AMADA

Unha novela que xira ó redor dunha tráxica conxunción de vidas e acontecementos violentos Cando o narrador deste libro volve á súa cidade natal, nada é como era pero todo segue igual. O que ía ser unha excursión cunha amiga convértese nunha viaxe ó pasado do que renacen voces e personaxes, lugares e feitos e, sobre todo, un suceso que marcou a vida de todo un grupo de amigos. Intenta reconstruír algo que xamais fora descuberto nin comprendido, nunha vila que quere ser cidade e non deixa de ser unha triste parábola do declive doutros tantos sitios en Galicia.

Ficha técnica


Editorial: Galaxia

ISBN: 9788482882468

Idioma: Gallego

Número de páginas: 180
Tiempo de lectura:
4h 13m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/05/2001

Año de edición: 1999

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Veiga Taboada


Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra», periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e, en 2006, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota», novela (Xerais, 2008), «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais, 2012) , «O pacto galego na construción de España», «Manuel María, buscando un país» (Xerais, 2016), «Todo ser humano é un río» (Xerais, 2016), «A parte queimada. Stalin & Robespierre», «As mellores tendas de Madrid» (Xerais, 2021) e «Perder as bestas» (Xerais, 2023). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia». (Foto do autor: Antonio Gutiérrez)
Descubre más sobre Manuel Veiga Taboada
Recibe novedades de Manuel Veiga Taboada directamente en tu email

Opiniones sobre AS RUINAS DA CIDADE AMADA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana