leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego AS VIDAS DE NITO

Edicións Xerais - 9788499144870

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de AS VIDAS DE NITO

Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta Aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido? Para Casiano, durante a infancia e a puberdade, o seu corpo foi fonte de desacougo e estrañeza. Logo, xa adulto, a súa paixón por África converteuse no referente dunha existencia chea e dorida. As visitas da súa neta actúan como o catalizador de inesperados procesos íntimos. Casiano debulla recordos para compoñer a esquecida historia da súa nenez e puberdade. Desde a chegada da Coca-Cola até a traizón da Transición, é retratada unha época que case todos queren esquecer. Na lembranza desfilarán as angueiras de Nito, un neno de anómalo e lento medrar, a súa perplexidade ante a rareza, a dor da diferenza, a educación relixiosa, a perda da inocencia, o asalto da sexualidade...Aldara recibe estrañada as disertacións do avó, visita tras visita, desde a historia de Papá Noel até a termodinámica da vida, desde a literatura até as vantaxes da morte. Unha desolada lucidez, non exenta de humor, percorre o texto desta novela na voz do narrador. As vidas de Nito é unha novela escrita cun enorme poder evocativo e cunha vontade estilística arrebatadora.Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta Aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido? Para Casiano, durante a infancia e a puberdade, o seu corpo foi fonte de desacougo e estrañeza. Logo, xa adulto, a súa paixón por África converteuse no referente dunha existencia chea e dorida. As visitas da súa neta actúan como o catalizador de inesperados procesos íntimos. Casiano debulla recordos para compoñer a esquecida historia da súa nenez e puberdade. Desde a chegada da Coca-Cola até a traizón da Transición, é retratada unha época que case todos queren esquecer. Na lembranza desfilarán as angueiras de Nito, un neno de anómalo e lento medrar, a súa perplexidade ante a rareza, a dor da diferenza, a educación relixiosa, a perda da inocencia, o asalto da sexualidade...Aldara recibe estrañada as disertacións do avó, visita tras visita, desde a historia de Papá Noel até a termodinámica da vida, desde a literatura até as vantaxes da morte. Unha desolada lucidez, non exenta de humor, percorre o texto desta novela na voz do narrador. As vidas de Nito é unha novela escrita cun enorme poder evocativo e cunha vontade estilística arrebatadora.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499144870

Idioma: Gallego

Número de páginas: 400
Tiempo de lectura:
9h 32m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/04/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Número: 335
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.9 cm
Peso: 589.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xabier Paz


Xabier Paz (A Coruña, 1949) reside en Vigo, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida á investigación no Centro Oceanográfico de Vigo e foi colaborador de diversas publicacións culturais, de pensamento crítico e de viaxes. Publicou as novelas «Renacer» (Xerais, 2008), «As vidas de Nito» (Xerais, 2013), «A galera de Xelmírez» (Xerais, 2015), «Aníbal e a Pintora» (Xerais, 2017), «Galileo no espello da noite» (Xerais, 2019), «A Barcelonesa» (Xerais, 2021) e «O libro e o tapiz» (2023). Como poeta, publicou «Sedimentos» (2001), «No canto do mar» (2005), «Materia de Lucrecio» (Xerais, 2006) e «Filoxenia do sangue» (2006). Tamén é autor do libro «Follas do bacallau» (Xerais, 2005), que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura.
Descubre más sobre Xabier Paz
Recibe novedades de Xabier Paz directamente en tu email

Opiniones sobre AS VIDAS DE NITO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana