Varios autores
AUTOR-EDITOR - 9788461291199
Avilés de Taramancos un novidoso volume (libro+2CD’s) que nos aproxima a unha das voces líricas máis importantes da nosa literatura, a través de máis de cen fotografías do seu álbum familiar, reproducións das portadas das súas obras e ilustracións creadas polo propio Avilés. Ademais, poderemos desfrutar da súa voz e dos seus poemas musicados nos dous CD’s que acompañan o libro. O seu fillo Luís Avilés Baquero é o encargado de introducir a selección de fotografías comentadas por Martín Veiga, quen achega un breve estudo de cada unha das seis etapas vitais nas que está estruturada a obra. Acompañan a escolma fotográfica dous CD’s. Un deles, analizado por Ana Romaní, recolle a voz do autor recitando os seus textos. O outro ofrece unha selección dos poemas de Avilés musicados por Rodrigo Romaní, quen ademais documenta e guía a escoita deste último CD. Na páxina da editora pódese ver unha mostra do arquivo de audio en mp3
Especificaciones del producto
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!