Axiña que rematamos de ler estas Bágoas de A. Angueira, o corpo pídenos o bruído entusiasmado da fondísima delectación que estas páxinas, este pequeno producto estético, mostrario de sensacións, sensibilidade, lirismo, inventiva e humor, é capaz de producir na rexedoría das nosas paixóns, das nosas afectividades. O carácter sísmico do gozo humano, desencadeado no presente caso por este anaquiño narrativo que non acada sequera as 80 páxinas e que demostra que non andaba Borges moi trabucado cando facía aqueles diáfanos inquéritos de lúcido invidente... Pois en 70 páxinas adensa A. Angueira un conto de ouro, unha bela historia en tres actos desas que conseguen acelerarnos o siso e os latexos, e non deixala, non deixala ata o final.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483020869
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Tiempo de lectura:
1h 48m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/05/2001
Año de edición: 1997
Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Peso: 190.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Anxo Angueira
Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: «Val de Ramirás» (1989), «O valo de Manselle» (Xerais, 1996), «Bágoas de facer illas» (Xerais, 1997), «Libro da Vertixe» (1997), «Pensa nao» (Premio Xerais de Novela 1999), «Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro» (2002), «A morte de A.» (Xerais, 2003), «Fóra do sagrado» (Xerais, 2007) e «Iria» (Xerais, 2012). Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: publicou «Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento» (2013), realizou as edicións críticas de «Cantares gallegos», «Follas novas» e «En las orillas de Sar» e publicou diferentes traballos sobre Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales. Desde 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro. Fotografía do autor: Anxo Cabada.